publicidade hoxe

Medio Rural amplía o prazo para presentar a licenza de obra nas axudas para plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural amplía o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos correspondentes coas axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións. En concreto, o aumento do prazo será dun mes pasando do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Esta decisión tomouse tras analizar as demandas de particulares e organismos que solicitaban unha marxe maior para aportar a documentación necesaria dos investimentos a realizar e polo que os beneficiarios recibirán a correspondente subvención. Esta modificación sairá publicada no Diario Oficial de Galicia en breve e será efectiva dende o día seguinte.

Uns 65 millóns para o agro

O orzamento desta orde chega aos 65 millóns de euros, un 14% máis do executado na pasada convocatoria. Estas axudas están encadradas dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, que prevé –para estas liñas de axuda– un investimento de 247,5 millóns de euros en todo o período de execución.

Estas achegas xa fixeron posible o ano pasado a incorporación de 466 mozos, unha cifra destacada á que hai que sumar a aprobación doutros 692 expedientes de plans de mellora de explotacións e doutras 154 axudas para o desenvolvemento de pequenas granxas.

5 de setembro de 2018 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.