publicidade hoxe

A Consellería do Mar repara e mellora os accesos ao peirao comercial de Cariño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCariñoLocal Portada
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de rematar as obras de reparación e mellora dos accesos ao peirao comercial do porto de Cariño, que foran danados polo temporal EVI o pasado mes de xaneiro. Esta actuación completa as obras que se veñen de executar para o reforzo do dique de abrigo e a reposición doutros danos menores causados pola mesma borrasca.

Os traballos no acceso ao peirao comercial, coñecido como acceso PBIP polo código internacional de seguridade que rexe nestes espazos, consistiron na reposición das barreiras e traslado da caseta de vixilancia. Ambas estruturas foran asoladas polo temporal que provocou tamén o derrube parcial do dique de abrigo.

Portos de Galicia decidiu non só reparar as barreiras e a caseta senón tamén trasladala alonxándoa da zona do dique para maior seguridade. Así mesmo, construíuse un pequeno muro bateondas para protexer esta instalación. Finalmente, os traballos complétanse coa pavimentación do chan na mesma zona. O investimento global desta actuación ascendeu a 25.000 euros.

4 de setembro de 2018 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.