publicidade hoxe

Uns 480 rapaces participaron nos campamentos de verán organizados pola Xunta no albergue xuvenil da Devesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoRibadeo
A-
A+

Preto de 480 rapaces e rapazas participaron nos campamentos organizados pola Consellería de Política Social durante a Campaña de Verán 2018 no albergue xuvenil da Devesa, no municipio lugués de Ribadeo.

As instalacións, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acolleron tres quendas de 12 días de duración, nas que se ofertaron 160 prazas (80 por campamento) nas modalidades de Multiaventura: Medioambiente e mar para rapaces/as de 12 a 14 anos, e Acampada ao carón do mar con idades de 10 a 12 anos.

Por outra banda, tamén na instalación da Devesa ofertáronse pazas concertadas para que outras entidades leven a cabo as súas actividades. De feito estivo o Concello de Touro o Concello de Negreira, e a Asociación veciñal Polígono de Vite de Santiago.

Precisamente a estes últimos tivo a oportunidade de saudarlles o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro quen visitou esta mañá as instalacións e aproveitou para facer balance da campaña estival.

Tamén explicou que dentro das actividades desenvolvidas no neste albergue caben destacar: surf, kaiak, bodyboard, snorquel, BTT, escalada en rocódromo, tiro con arco, xeocaching, obradoiros de reciclaxe…, e tamén iniciativas grupales como: xincanas de aventura, aula da natureza, xogos de confianza, xogos predeportivos, ruta con acampada, entre outras.

No último ano a Xunta acometeu diversas obras de modernización, mantemento e adecuación das instalacións do albergue xuvenil da Devesa que supuxeron un investimento conxunto superior aos 94.000 euros e que reafirman a aposta do Goberno galego pola creación de espazos ao servizo da xuventude.

Balseiro concluíu lembrando que, no conxunto da provincia de Lugo e dentro da Campaña de Verán 2018 a Xunta ofertou máis de 2.200 prazas, que se corresponderon con 26 campamentos e 6 campos de traballo. Isto supuxo 50 prazas máis das que ofertamos o ano pasado e un investimento de máis de 760.000 euros.

24 de agosto de 2018 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.