publicidade hoxe

Aprobado o acordo de reestruturación parcelaria da zona e Grixalba, no concello coruñés de Sobrado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSobrado
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Grixalba, no concello coruñés de Sobrado. Este paso supón a determinación dos predios de reemplazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Neste caso, falamos da reorganización de 6.619 parcelas que pasan a ser 1.305 predios pertencentes a 682 propietarios.

Con este anuncio, a consellería pon en coñecemento dos veciños, que serán notificados individualmente, a apertura do prazo de 30 días hábiles de exposición pública do acordo, o cal poderán examinar no Concello de Sobrado e ante o que poden interpoñer recurso de alzada. Os documentos que se poden examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións e os planos, entre outros.

Lévanse investido dende o inicio da reestruturación 1,9 millóns de euros que se destinaron na súa meirande parte á execución da rede de camiños e a investimentos en servizos técnicos, como a elaboración do proxecto de reorganización, a concreción das bases provisionais e definitivas, a redacción do acordo, etc.

6 de agosto de 2018 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.