publicidade hoxe

A Xunta mostra aos afectados de Motorkar o total compromiso da Administración autonómica coa defensa dos seus dereitos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, mantivo este mediodía en Ferrol un encontro cos consumidores prexudicados polo peche do concesionario Motorkar, aos que lles reiterou o total compromiso da Xunta coa defensa dos seus dereitos, sinalando que a Administración autonómica está a poñer a súa disposición todos os recursos cos que conta para buscar solucións.

Vázquez informou aos afectados das diferentes xestións que desde o primeiro momento está a realizar o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), adiantando que en próximas semanas manterá unha reunión con Opel para mediar coa firma e atopar vías para que os clientes poidan conseguir os vehículos que adquiriron.

Do mesmo xeito, o IGCC tamén está a realizar contactos coas entidades financeiras e a compañía de seguros. Ademais, desde o Instituto Galego do Consumo e da Competencia estase a prestar información e asesoramento aos afectados, que xa presentaron un total de 27 reclamacións.

26 de xullo de 2018 | 14:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.