publicidade hoxe

A Consellería de Cultura financiará con 120.000 euros o proxecto museográfico da Casa-Museo dedicada a Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaLugoMondoñedoPortada esquerda
A-
A+
Román Rodríguez na sinatura do convenio

Román Rodríguez na sinatura do convenio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, asinaron no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia un convenio polo que a Consellería de Cultura achega un total de 120.000 euros para a musealización da casa de Álvaro Cunqueiro, sita na propia praza da Catedral mindoniense.

Román Rodríguez explicou que este convenio é o principio do fin dun proceso delongado no tempo, pero que está a piques de concluírse. E lembrou que o proxecto dun museo para o príncipe das letras mindonienses é unha aspiración colectiva do pobo de Mondoñedo. Neste sentido, Rodríguez afirmou que esta casa museo será un novo referente no eido do turismo literario para Galicia, recordando que Mondoñedo e a praza da Catedral son puntos principais dos Camiños do Norte, incluídos na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

O titular de Cultura subliñou, así mesmo, a aposta por unha difusión rigorosa e adaptada a todos os públicos da vida e obra de Cunqueiro, defendendo a idoneidade da elección da casa na que o autor mindoniense escribiu obras tan emblemáticas como o Merlín e familia. E agradeceu o liderado do Concello de Mondoñedo e da súa alcaldesa, Elena Candia, para facer deste proxecto unha realidade.

A actuación inclúe unha parte dotacional que abrangue a adquisición de equipos audiovisuais, a instalación do sistema de seguridade e accesibilidade do centro, a produción de contidos gráficos e audiovisuais, así como da moblaxe específica para o espazo expositivo, e a documentación e deseño de contidos da musealización do fogar de Cunqueiro.

17 de xullo de 2018 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.