publicidade hoxe

Manuel Rodríguez Vázquez toma posesión como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Toma de posesión do novo director de Agacal

Toma de posesión do novo director de Agacal

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá en San Caetano a toma de posesión de Manuel Rodríguez Vázquez como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

A conselleira felicitou a Manuel Rodríguez polo seu nomeamento e agradeceu o seu compromiso de traballo e plena disposición para asumir esta nova responsabilidade profesional, insistindo na necesidade de promover e potenciar un dos sectores máis representativos da nosa economía. Pola súa parte, o novo director agradeceu a confianza depositada nel pola conselleira e comprometeu o seu esforzo e dedicación para desempeñar este cargo. A Agacal é o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, así como de potenciación da calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario.

4 de xuño de 2018 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.