publicidade hoxe

Galicia é a Comunidade con maior potencial de enerxía undimotriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Francisco Conde na na presentación do proxecto LifeDemoWave

Francisco Conde na na presentación do proxecto LifeDemoWave

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na presentación do proxecto LifeDemoWave no porto exterior de Punta Langosteira que Galicia é a Comunidade con maior potencial de enerxía undimotriz, e a única, xunto co País Vasco, que está a experimentar con este tipo de fonte enerxética producida a partir das ondas.

No marco do proxecto LifeDemoWave, que conta cun orzamento total de 1,8 millóns de euros e no que participa un consorcio de seis empresas e centros tecnolóxicos galegos, vaise instalar un prototipo de boia undimotriz na zona experimental marítima de Punta Langosteira, que xestiona o Inega. Este tipo de iniciativas demostra, tal e como salientou Conde, que Galicia xa vai un paso por diante no camiño cara ás enerxías renovables.

Neste sentido, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria apuntou que o sector enerxético galego representa o 4,3% do PIB, destacando as posibilidades que se abren coas enerxías undimotriz e mareomotriz. Así, Conde subliñou que corresponde a Galicia un 40% do potencial de enerxía das ondas en España, entre 6 e 8GW dun total de 20GW.

Francisco Conde apuntou que a redución do impacto do cambio climático impulsando as enerxías renovables e a eficiencia enerxética é un reto prioritario para Galicia, recollido nas Directrices Enerxéticas 2018-2020. Tal e como explicou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, estas directrices nacen como a ferramenta central da política enerxética do Goberno galego, que vai permitir alcanzar os obxectivos de aforro e eficiencia que se derivan da directiva europea.

Con elas, Galicia busca avanzar nun novo modelo enerxético en Galicia que impulse o desenvolvemento da economía verde; instalar nova capaciade renovable; fomentar un cambio nos patróns de consumo de fogares, administracións e empresas; e aproveitar a transición enerxética para crear emprego e actividade económica. A través destas Directrices, estase a triplicar o investimetno anual no sector enerxético, cun orzamento público-privado de 3000 millóns de euros ata 2020 e coa previsión de crear máis de 12.000 empregos.

Tal e como subliñou Conde, o investimento programado ata 2020 para impulsar as enerxías limpas en Galicia será de 1300 millóns de euros, o que permitirá a instalación de 1200MW de fontes renovables. O obxectivo é que entre o 85% e o 90% do consumo eléctrico en Galicia e o 34% do consumo en calefacción e refrixeración proveñan de fontes renovables, e que a biomasa represente o 35% do consumo de combustibles para uso térmico.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria apuntou que se trata de obxectivos ambiciosos, pero

12 de xuño de 2018 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.