Medio Rural, Carrefour e o Consello de Agricultura Ecolóxica reúnense para facer balance do seu convenio de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, vén de manter un encontro con responsables de Carrefour e do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia para facer balance convenio asinado hai case un ano entre as tres partes.

O acordo permitiu desenvolver actuacións e servizos de información, asesoramento e formación para apoiar a capacidade profesional e empresarial do sector. Así, organizáronse cursos, seminarios, xornadas e conferencias co fin único de promocionar e difundir os produtos ecolóxicos entre a poboación. Por parte da compañía distribuidora acudiu o director de relacións institucionais de Galicia, Francisco Couso, e en nome do Craega o presidente, Francisco López, e o secretario, Javier García.

3 de maio de 2018 | 15:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.