publicidade hoxe

A Xunta organiza un simulacro na presa do Bao para ensaiar a posta en práctica do Plan de risco de inundacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO BoloOurensePortada dereita
A-
A+

A Xunta coordinará mañá un simulacro na presa do Bao para ensaiar a posta en práctica do Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións (Plan Inungal). Para o operativo contarase coa colaboración da Unidade Militar de Emerxencias, do titular da presa (Iberdrola), así como con todos os corpos e profesionais que participarían ante a posible rotura dunha presa.

O obxectivo principal é poñer a proba a aplicación deste Plan e practicar a coordinación necesaria ante este tipo de emerxencias, nas que deben mobilizarse un gran número de efectivos de distintos organismos.

En concreto, o exercicio consistirá nunha situación de emerxencia por posible rotura dunha presa, que provocaría a activación do Plan en situación 2. Procederase á mobilización do Posto de Mando Avanzando, dos bombeiros da zona, os grupos de emerxencia, os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como o 061, persoal de Protección Civil local e autonómico, Grupo de Intervención Psicolóxica en catástrofes e emerxencias (GIPCE) e Cruz Vermella.

Tamén se alertará aos alcaldes dos concellos afectados, que deberán activar o seu propio plan de actuación municipal e proceder a evacuar os lugares que poderían quedar anegados en caso de emerxencia real. O simulacro afectará a pequenas poboacións dos concellos de Manzaneda, Petín e O Bolo.

Trátase, en definitiva, dunha aposta pola prevención como medio para garantir a seguridade dos cidadáns, e responder de xeito axeitado, eficiente e eficaz, no caso de riscos colectivos.

8 de maio de 2018 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.