A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Gomesende
Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio producido no concello de Gomesende o pasado 24 de abril. Tramítanse dilixencias como investigada contra unha veciña do propio municipio, como presunta autora do lume, que se iniciou ás 21.55 horas no lugar de Guielas.
O incendio produciuse polo escape dunhas queimas que se realizaban nunha finca. Non se tomaron todas as medidas de seguridade necesarias e as lapas se propagaron, o que provocou que arderan 0,20 hectáreas de monte raso.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Celanova. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigada, un total de 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.