O CIAE 112 Galicia xa ten operativo o sistema eCALL de avisos en caso de accidente de tráfico grave
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ten xa operativo todo o sistema para recibir as chamadas e datos procedentes do sistema “eCall”, co que se tratará de acurtar o máximo posible a resposta dos servizos de emerxencias tras un accidente de tráfico, como así comprobou esta mañá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda nunha visita ao centro da Estrada.
O 112 de Galicia de forma coordinada e en colaboración co CETAG -Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia-, estivo facendo probas durante os últimos tres meses para ter a punto o sistema que está operativo e dende o 1 de abril. A importancia do sistema “eCall” radica no aumento das posibilidades de salvar vidas ou incluso reducir as consecuencias das lesións producidas por un accidente de tráfico, xa que permite o propio vehículo conectar co CIAE 112 de Galicia para comunicar calquera tipo de incidencia na que se atope involucrado. Isto o pode facer o vehículo de maneira automática en caso de colisión ou pode facelo o propio condutor de maneira manual si non se mira imposibilitado polo impacto da colisión.
Este sistema emitirá, de forma automática ou manual, unha chamada de emerxencia en canto o vehículo sufra un impacto, ou mesmo teña lugar outra urxencia no interior dun vehículo. O sinal irá acompañado dos datos relacionados coa xeolocalización e identificación do vehículo así como outros datos como o tipo de combustible que utiliza.