publicidade hoxe

A nova Lei de espectáculos fixa entre os seus obxectivos garantir a seguridade das persoas e os dereitos dos consumidores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda na inauguración da xornada

Alfonso Rueda na inauguración da xornada

A nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia fixa entre os seus principais obxectivos garantir a seguridade da persoas e salvagardar os dereitos dos consumidores, ao tempo que protexe tamén o dereito ás actividades de lecer.

Así o explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na inauguración na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) dunha xornada para abordar os aspectos xerais desta normativa, así como o seu réxime sancionador e outras cuestións de aplicación práctica.

O texto -que se publicou no DOG o pasado mes de xaneiro e entrará en vigor en xullo- elaborouse tendo en conta as achegas e suxestións de concellos e outros actores implicados, co obxectivo de acadar o máximo consenso.

A Lei, a primeira norma autonómica con rango legal en materia de espectáculos, recolle unha regulación actualizada e global que fai fincapé en garantir a seguridade das persoas e, moi especialmente, dos menores a través de medidas como a prevención do consumo de bebidas alcohólicas.

Entre outras propostas en materia de seguridade, tamén regula o servizo de control de acceso, que deberá contar con persoal habilitado; sanciona de xeito contundente a superación do aforo dun local cando comporta risco grave para as persoas; e fixa a necesidade de que os concellos conten cun Plan de inspección de espectáculos públicos.

Ademais, tamén regula outros aspectos relevantes do sector como a prohibición da revenda de entradas; ou a regulación do dereito de admisión para evitar calquera tipo de discriminación.

20 de abril de 2018 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.