publicidade hoxe

A biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés reforza os seus servizos co préstamo en sala de tablets

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés pon en marcha hoxe un novo servizo de préstamo en sala de tablets, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro.

Esta nova opción estará a disposición de todos os usuarios e usuarios e permite ampliar os servizos de dispositivos electrónicos, como ordenadores, portátiles e lectores de libros electrónicos, dos que dispón este centro. Desta forma ofrécese unha nova forma de lectura de acceder á información adaptada ás necesidades de cada usuario. As condicións do citado préstamo serán as mesas que as dos ordenadores portátiles.

Os datos de balance do ano pasado desta biblioteca pública xestionada pola Consellería e Cultura e Educación, un referente na cidade da Coruña, apuntan a realización de 140.000 préstamos de libros, revistas, cómics, discos, series televisivas e videoxogos. En 2017 o centro coruñés rexistrou preto de 230.000 usuarios, o que supón unha media diaria duns 80 usuarios.

No ano 2017, a biblioteca Miguel González Garcés rexistrou preto de 22.600 participantes nas 246 actividades organizadas por propia iniciativa, ás que hai que sumar outras 186 actividades non organizadas pola biblioteca, pero que se levaron a cabo nas súas instalacións. Os usuarios con carné de socio ou socia da biblioteca en 2017 ascenden a 40.332, o que supón un incremento do 3% sobre os socios do ano anterior. A gran maioría viven na cidade, aproximadamente o 85%, mentres que o resto de usuarios son persoas que se achegan de concellos da área metropolitana.

Entre as actividades máis destacadas atópanse as sesións para formación de usuarios, os cinco clubs de lectura que manteñen activos, as mostras, exposicións e guías de lectura, os cursos de alfabetización dixital e os obradoiros de linguas estranxeiras, impartidos por voluntarios culturais. Así mesmo, a biblioteca tivo unha participación destacada de dinamización e promoción na Feira do Libro da Coruña.

23 de abril de 2018 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.