publicidade hoxe

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Boiro.

Os Policías do Grupo de Incendios da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, procederon á tomar declaración como investigado a unha persoa como presunta autora dun incendio forestal ocorrido o 22 de marzo na parroquia de Cures, Concello de Boiro, e que afectou a unha superficie aproximada dunhas 0,04 hectáreas.

O lume iniciouse polos traballos de limpeza levados a cabo polo presunto autor dos feitos e que, posteriormente, aos restos púxolles lume para a súa eliminación sen ter en conta as medidas de seguridade establecidas na Lei.

Polos feitos instruíronse Dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Ribeira (A Coruña). No que vai de ano son 10 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

No incendio contouse coa activa colaboración tanto na extinción como na investigación do mesmo do persoal dos Distrito Forestal IV (Barbanza).

27 de marzo de 2018 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.