Convócanse cursos de formación en desfibriladores para o voluntariado de Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 16 edicións do curso sobre formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA) para persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

O curso ten como obxectivos adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, logrando un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas; acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.

Está dirixido ao persoal que forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia e os requisitos para poder inscribrirse son que os participantes deben estar inscritos nunha Asociación de voluntarios de Protección Civil e ter superado o curso básico de protección civil.

O persoal que desexe participar nos cursos deberá cubrir o formulario de matriculado telemática dispoñible na páxina web da Agasp, http://agasp.xunta.es.

28 de marzo de 2018 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.