publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta aposta pola fórmula máis áxil e eficaz para atender á solicitude de Ames da cesión da estrada AC-543 para a instalación dunha área comercial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmesGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia aposta pola fórmula máis áxil e eficaz para atender á solicitude do Concello de Ames da cesión da estrada AC-543, ao seu paso por Bertamiráns, para a instalación dunha área comercial.

En atención a esa demanda do Concello de Ames, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda dirixiuse recentemente ao municipio para trasladarlle a súa disposición a transferirlle o treito da estrada autonómica AC-543 ao seu paso polo núcleo de Bertamiráns. Así, atendíase con celeridade unha solicitude trasladada desde a Administración local para facilitar a instalación en mellores condicións dunha superficie comercial, e polo tanto, dun centro de actividade económica e de emprego para o municipio.

Hai que ter en conta que o cambio de titularidade dunha estrada autonómica debe ser informado favorablemente polo departamento de Infraestruturas do Goberno galego e aprobado polo Consello da Xunta.

Sorprendentemente, e pese a ser Ames o solicitante do cambio de titularidade, o alcalde vén de responder negativamente ao ofrecemento da conselleira e condicionando a aceptación dese treito da estrada a que previamente o Executivo autonómico actúe no seu acondicionamento nos termos determinados polo Concello e cun investimento de 140.000 euros.

O Concello de Ames nunca antes lle trasladara á conselleira de Infraestruturas a súa preocupación por esa estrada nin o seu interese por que se mellorase, polo que se trata dunha actuación que non se atopa nin planificada nin presupostada. Supeditar o traspaso da estrada a esa actuación suporía un importante retraso para o proxecto comercial polo que o Concello ten manifestado o seu interese.

 A Xunta actuou do xeito máis áxil e eficaz pa atender unha solicitude municipal relacionada co impulso dun centro de actividade comercial e emprego no municipio.

27 de marzo de 2018 | 15:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.