publicidade hoxe

Medio Ambiente desactiva o operativo de vixilancia, recollida e xestión de residuos da carga dun buque na costa de Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio desactivou o operativo de vixilancia, recollida e xestión de residuos procedentes da perda de carga dun buque a 40 millas da Costa de Fisterra, o pasado 5 de xaneiro.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levou a cabo labores de limpeza en diversas praias da Costa da Morte. O concello no que se detectou máis chegada de residuos foi o de Muxía, onde foron precisas actuacións en Lourido, Nemiña e Praia do Campo de Fútbol. Os residuos, aínda que moi espallados, detectáronse en menor cantidade da esperada; e sobre todo recolléronse envases de leite en po e os fardos de material para cama de cabalos. Asemade, nas praias de Fisterra recolléronse residuos por un volume próximo aos nove metros cúbicos. Os traballos de recollida e limpeza foron executados coa colaboración do persoal dos servizos de limpeza municipais.

Para rematar co operativo, onte mesmo procedeuse á retirada de restos da estrutura de contedores de mercadorías procedentes do buque no peirao de Corme, en Ponteceso, que -debido aos seu gran tamaño- tiveron que ser despezadas para o seu traslado ao xestor autorizado.

O dispositivo posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (112) e o Servizo de Gardacostas de Galicia, iniciouse de maneira inmediata tras detectar a arribada a diversas praias de elementos procedentes do cargueiro, principalmente envases de leite en po e fardos de tabaco.

8 de febreiro de 2018 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.