publicidade hoxe

A Xunta concede o Bono de alugueiro social a unha veciña de Ferrol en risco de desafiuzamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de conceder o Bono de alugueiro social a unha veciña de Ferrol en risco de exclusión social, cuxa vivenda estaba a ser sometida a un procedemento de desafiuzamento.

O Goberno galego xa se puxo en contacto coa afectada para comunicarlle a axuda outorgada, así como as súas características e funcionamento.

Trátase dun bono de 200 euros mensuais, excepto se o importe do alugueiro da vivenda é menor a esa cantidade, que suporía que a axuda fora equivalente a ese prezo. Ademais, tamén contará cunha subvención única de 600 euros para abonar a fianza e alta de suministros no caso de incorporarse a unha nova vivenda ou para financiar recibos atrasados, no caso de continuar no mesmo inmoble.

Cómpre lembrar que o Executivo autonómico publicou recentemente no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria de axudas do Bono de alugueiro social mediante un investimento de 2,2 millóns de euros. As subvencións poderanse solicitar ata o vindeiro 20 de novembro.

Dende a creación do programa concedéronse 467 Bonos de Alugueiro Social, por un importe de máis de 1,34 millóns de euros. Dese total xa se renovaron por segundo ou terceiro ano 144 bonos, por un importe de máis de 294.000 euros.

5 de febreiro de 2018 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.