publicidade hoxe

A Xunta adxudica unha vivenda en alugueiro a unha familia en risco de exclusión social en Caldas de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia adxudica unha vivenda no Concello de Caldas de Reis a unha familia, con menores, en risco de exclusión social unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda celebrada hoxe aprobou a proposta de adxudicación.

A vivenda, que se entregará unha vez asinado o contrato de alugueiro, foi cedida á Consellería de Infraestruturas e Vivenda por Abanca para ser destinada a alugueiro social e atópase emprazada no municipio pontevedrés de Caldas de Reis.

En 2017, o Goberno galego realoxou a 70 familias en vivendas propiedade da Xunta de Galicia ou cedidas por Abanca, Sareb, Caixa Rural, Banco Sabadell e CaixaBank, o que supón unha vivenda adxudicada cada cinco días.

A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.

8 de febreiro de 2018 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.