A Agasp celebrou o seu consello reitor 2018 co obxectivo da centralización dos primeiros procesos selectivos da policía local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor presidiu hoxe o consello reitor da Agasp onde se fixo balance do ano 2017 e se aprobou a principal programación para o ano 2018 e as liñas principais de actuación.

Luis Menor destacou que o ano 2017 foi o de maior actividade da Agasp na súa historia en número de actividades, con 338 actuacións. Como exemplo citou as 136 actividades do ano 2009 e as 47 coas que arrancou a Agasp en 1993.

En materia de seguridade, dentro do balance, fixo especial referencia a aprobación de dous decretos normativos no mesmo ano, o Decreto 35/2017 de modificación relativa a salvamento que afecta aos Socorristas co gallo de implementar unha nova formación para mellorar o número de socorristas en Galicia, e por outra banda, o reto histórico da centralización das oposicións da policía local na AGASP, o Decreto 115/2017. Neste senso, destacou o enorme esforzo da Agasp en materia normativa realizado en 2017, especialmente acadando un consenso coa FEGAMP e coas principais asociacións e axentes en ambas cuestións.

Tamén como balance, destacou a consolidación do convenio co Ministerio do Interior para a formación da Garda Civil e da Policía Nacional , sendo que o ano 2017 foi o primeiro no que se publicou un plan específico no DOG, xestionando preto de 1.500 solicitudes.Asemade a celebración de 4 novas promocións da policía local, na categoría de policía, Oficial, Inspector e Inspector Principal con preto de 40 alumnos.

Por último, fixo referencia a novidosa formación en materia de prevención de violencia de xénero mediante curso especializados de defensa persoal para mulleres, con 26 actividades e mais de 300 prazas, así como a formación en materia de terrorismo xihadista, con 5 xornadas e preto de 400 policías formados.

En materia de emerxencias, destacou que en 2017 foi a primeira promoción de Galicia de Técnicos de Emerxencias, con 21 Técnicos, que se realiza na Agasp en oferta única en toda Galicia, e que continúa en 2018 cun anova promoción, así como a publicación do novo Decreto 35/2017 en materia de salvamento para mellorar o número de socorristas e a celebración de diferentes actividades formativas.

Para 2018, centrou a intervención na consecución en 2017 da publicación do Decreto 115/2017 para centralizar as oposicións da policía local na Agasp, sendo que nese momento diversos concellos amosaron a súa dispoñibilidade e esperando celebrar en 2018 o primeiro proceso centralizado en Galicia. Destacou que o novo plan, conterá mais de 400 actividades e cerca de 15.000 prazas para 2018.

Por outra banda, a implementación da formación en materia xudicial, formando ademais de xuíces, a fiscais, avogados do estado, letrados administración de xustiza e médicos forenses, e consolidando ademais da formación para a policía local, aos FCSE como a Garda Civil e Policía Nacional, ademais da UPA.

1 de febreiro de 2018 | 14:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.