publicidade hoxe

Sergas e Asanog asinan un acordo para facilitar apoio psicosocial a nenos con tratamento oncolóxico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Sinatura do acordo entre Sergas e Asanog

Sinatura do acordo entre Sergas e Asanog

O conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña e o presidente da Asociación de axuda aos nenos oncolóxicos de Galicia (Asanog) Gonzalo Autran Castel, asinaron esta mañá un acordo de colaboración para o desenvolvemento dos proxectos integrados no programa “Meu Ben” no ámbito dos departamentos de onco-hematoloxía pediátrica dos centros públicos do Servizo Galego de Saúde.

O programa “Meu Ben” é unha iniciativa de Asanog que ten coma obxectivo prioritario que ningún neno, nin a súa familia, teña que afrontar un tratamento oncolóxico sen o mellor apoio psicosocial posible. Os destinatarios deste programa serán os nenos e a xuventude con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, con enfermidades oncolóxicas, hospitalizados nos servizos de pediatría.

31 de xaneiro de 2018 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.