publicidade hoxe

Rueda destaca o bo funcionamento da central agropecuaria de Silleda cun incremento en ventas e en número de animais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSilleda
A-
A+
Alfonso Rueda na visita á lonxa agropecuaria da Semana Verde

Alfonso Rueda na visita á lonxa agropecuaria da Semana Verde

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe o bo funcionamento da Central Agropecuaria da Semana Verde que nos últimos anos incrementou tanto o número de transaccións como en eventos e poxas, así como no número de animais que semanalmente pasan polas súas instalacións. Alfonso Rueda, que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, do director de Desenvolvemento Rural, Miguel Dubois e do alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, indicou que a Central xoga un importante papel na recuperación da Fundación Semana Verde de Silleda.

A Central Agropecuaria aumentou case un 7 por cento o número de animais que pasaron polas súas instalacións e aumentou case un 12 por cento as transaccións económicas realizadas. Nesta liña, cabe resaltar a modernización da Central fai dous anos na que se investiron 60.000 euros para a renovación dos equipos informáticos da lonxa, sendo pioneira en contar cun sistema de poxa pública informatizado, o que contribúe tamén á axilidade e seguridade nas transaccións.

16 de xaneiro de 2018 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.