publicidade hoxe

Feijóo: “a finais desta lexislatura os galegos terán á súa disposición 20 novas infraestruturas sanitarias”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA EstradaAmesCangasGaliciaLocal PortadaLugoMoañaPortada esquerdaVigo
A-
A+
Comparecencia parlamentaria do presidente da Xunta

Comparecencia parlamentaria do presidente da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso do Goberno galego coa modernización dos equipamentos de atención primaria e, neste sentido avanzou que a finais desta lexislatura os galegos terán á súa disposición 20 novas infraestruturas sanitarias como: un novo centro de saúde na Coruña, outro en Vigo, Lugo, Moaña e Cangas, así como a construción dos novos centros de saúde e PAC da Estrada e do Milladoiro (Ames).

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico subliñou que esta aposta polas infraestruturas e a modernización do sistema sanitario fai posible que a espera media en Galicia pasase dos 67 días aos 62; que na prioridade 1 para patoloxías urxentes a espera pasase dos 38 días aos 15 días; que se realicen 19.000 intervencións cirúrxicas máis cada ano e 400.000 consultas máis; ou que, no eido das consultas hospitalarias, un galego espere 20 días menos que a media e en intervención cirúrxicas, 42 días menos.

Así mesmo, subliñou que en materia de transplantes, a Comunidade galega está entre as catro autonomías con maior número de operacións deste tipo de España, cunha media dun transplante cada día e medio.

Por último, Feijóo referiuse tamén ao reforzo que se está a levar a cabo nas urxencias para atender o incremento da demanda asistencial con motivo da gripe. “Nestes 23 días incrementouse a atención un 30% de media diaria; contratáronse 3.141 persoas –336 médicos, 2.435 de persoal de enfermaría e sanitario e 470 de persoal non sanitario-; e habilitáronse 415 camas”, precisou, referíndose tamén a achega de 2 millóns de euros destinada á campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica para os grupos de risco e coa que se acadou que o 57% dos maiores de 65 anos se vacinasen.

24 de xaneiro de 2018 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.