Bieito Rubido recibe o Premio Diego Bernal 2018

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
O presidente galego fixo entrega do premio

O presidente galego fixo entrega do premio

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o xornalismo e a democracia como claves na construción dunha Galicia de afectos; dunha Galicia afectiva na que non hai pensamento único sobre nada nin pensamentos que exclúan.

Durante o acto de entrega do Premio Diego Bernal 2018, Feijóo aseverou que ambas as dúas seguirán respondendo a dúas necesidades que perviven a través dos séculos: a necesidade de informarse e a necesidade de participar nas decisións colectivas.

Nesta liña, lembrou que tanto a democracia como o xornalismo son esforzos por prolongar a ágora ateniense nun xornal, nunha emisora de radio, nunha canle de televisión ou nun parlamento. E aseverou que o seu cuestionamento pretende, pola contra, dividir, segmentar e parcelar: “Que cada quen soamente se relacione cos que pensan igual, e rexeite os demais; e esnaquizar os fundamentos do debate democrático que se fai nos medios e nas institucións”, abundou.

No tocante ao premiado, Feijóo referiuse a Bieito Rubido como un comunicador no sentido máis amplo da palabra. “Se incomunicar é o gran perigo que ameaza a nosa época, hai na traxectoria profesional de Bieito unha teima por comunicar que o distingue e o fai merecedor de todos os galardóns”, aseverou, destacando o seu traballo nunha das cabeceiras que reflicten e escriben a historia de España.

25 de xaneiro de 2018 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.