publicidade hoxe

Alerta por temporal costeiro de nivel laranxa en todo o litoral galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que comezará a partir de mañá e afectará a todo o litoral galego.

Iniciarase no mediodía do 16 de xaneiro na Coruña (noroeste e oeste) e Lugo, e na madrugada do día 17 estenderase ao suroeste da Coruña e Pontevedra. Agárdase mar combinada do noroeste, con ondas de 5 a 7 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, xa informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (http://www.axega112.org/), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

15 de xaneiro de 2018 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.