Alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLugoPortada dereita
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará mañá, 1 de febreiro, e que afectará ao litoral das provincias da Coruña (noroeste e oeste) e de Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da tarde de mañá, agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros. No litoral suroeste da Coruña e da provincia de Pontevedra estará activa a alerta amarela.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Alerta amarela por neve

Ademais, a partir de mañá tamén estará activa a alerta amarela por acumulación de neve na montaña de Lugo e de Ourense. Espéranse acumulacións de máis de 5 centímetros a partir dos 700 metros en Lugo e dos 1.000 metros en Ourense.

31 de xaneiro de 2018 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.