publicidade hoxe

A Xunta cubrirá con persoal propio o servizo de atención psicolóxica nos xulgados de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta cubrirá con persoal propio o servizo de atención psicolóxica nos Xulgados das sete grandes cidades galegas, unha vez que o Colexio de Psicólogos non decidiu renovar o convenio.

O Goberno galego puxo en marcha o pasado mes de outubro, grazas a un convenio asinado co Colexio Oficial de Psicólogos, profesionais especializado nos Xulgados das sete grandes cidades galegas. Debido á importancia que ten este servizo de atención ás vítimas, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables, durante o proceso xudicial, a Xunta considera este servizo imprescindible polo é fundamental darlle estabilidade e continuidade ao mesmo, por iso pasará a cubrilo con persoal propio da Xunta.

A fórmula máis rápida e máis axeitada para poder cubrir este servizo é sacar as prazas de maneira provisional con persoal propio da Xunta e ademais poderán incorporarse os interinos que estean na bolsa de traballo.

31 de xaneiro de 2018 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.