publicidade hoxe

A Xunta amplía á provincia de Lugo a alerta laranxa de temporal vixente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLugoPortada dereita
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a alerta de temporal de nivel laranxa vixente no noroeste e oeste da provincia da Coruña a todo o litoral da provincia de Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), hoxe esperase mar combinada do noroeste, con ondas entre 5 e 6 metros no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral da provincia de Lugo. No resto do litoral a partir desta tarde esperase alerta amarela con mar combinada do noroeste.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Alerta amarela por neve

Está activa a alerta amarela por acumulación de neve nas provincias de Lugo e Ourense. Esperase acumulación de 5 cm en torno a 800 metros de altitude e superiores a 15 cm a partires dos 1.000 metros.

25 de xaneiro de 2018 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.