Ángeles Vázquez: “a alianza entre produtores, industria e distribución é a única fórmula válida para acadar o éxito do sector lácteo”
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá en Noia a presentación da nova campaña de Feiraco, onde destacou a importancia dunha alianza forte entre produtores, industria e distribución para acadar o éxito do sector lácteo galego.
A conselleira felicitou á cooperativa CLUN pola súa aposta por envases máis manexables e sostibles, poñéndoa como referente na industria láctea en Galicia. Así mesmo, tivo palabras de recoñecemento ao traballo dos gandeiros, xa que estaban presentes medio centenar deles, e agradeceulles “que procuren a excelencia na produción do leite”, así como á cadea Vegalsa-Eroski polo seu apoio aos produtos da terra.