publicidade hoxe

O obradoiro de emprego ‘Covelo II’ formará a 20 desempregados do Porriño nos vindeiros nove meses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o Multicentro de Torneiros, na localidade pontevedresa do Porriño, para saudar aos alumnos que a partir do próximo venres comezarán a súa formación como técnicos de atención sociosanitaria en domicilio e institucións e auxiliares da construción no marco da segunda edición do “Covelo II”, o obradoiro de emprego posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

No acto, López-Chaves estivo acompañado pola concelleira de Emprego e Benestar do Concello, Soledad Girón, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e a directora do obradoiro, Begoña Echegaray.

O Goberno galego destina a este taller, no que se formarán 20 desempregados nas devanditas especialidades, preto de 280.000 euros. Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben formación e un contrato de traballo, ademais dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan varias novidades, entre as que destacan a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses.

Trátase dunha actuación que o Goberno galego leva a cabo en colaboración cos concellos e que, polo tanto, fomenta a cooperación institucional. No que atinxe á área territorial de Vigo, desenvolveranse 8 obradoiros xerais e 6 específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil para seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica. Á posta en marcha destes 14 talleres, dos que se beneficiarán 250 desempregados, a Administración autonómica dedica máis de 4,2 millóns de euros.

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

11 de outubro de 2017 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.