publicidade hoxe

Belén do Campo: “Unhas relacións comerciais xustas e equilibradas cos operadores da cadea alimentaria redundan en beneficio do medio rural”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+
Belén do Campo en Noia

Belén do Campo en Noia

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou esta mañá en Noia na presentación da campaña de promoción dos viños galegos con denominación de orixe no hipermercado Eroski. Alí destacou a importancia deste tipo de iniciativas, xa que supoñen un gran respaldo aos produtos de calidade, subliñando a necesidade de manter unhas relacións comerciais xustas e equilibradas con todos os operadores da cadea alimentaria para que redunden en beneficio do medio rural en xeral.

A directora xeral calificou ao sector vinícola galego como elemento clave na dinamización socio-económica de amplas zonas do noso territorio. Neste senso, cabe sinalar que na nosa comunidade están rexistrados uns 16.000 viticultores, que cultivan con esmero por toda Galicia case 10.000 hectáreas de viñedo. “Labor que se ve completada con preto de 450 adegas, que conseguen facer do sector vinícola galego un sector estratéxico no conxunto do sector agrario”, engadiu Belén do Campo.

11 de outubro de 2017 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.