publicidade hoxe

A Xunta investirá 140.000 euros nas obras de renovación da estación de autobuses de Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoia
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, investirá máis de 140.000 euros na renovación da estación de autobuses de Noia, cuxas obras comezarán nas vindeiras semanas.

Estas actuacións están enmarcadas nun contrato máis amplo que tamén inclúe a reparación das estacións de autobuses de Cambados e Sanxenxo, cun investimento total que ascende a máis de 217.000 euros.

Este contrato, que se licitou no pasado mes de maio, foi adxudicado á empresa Abeconsa S.L.U, que será a que leve a cabo estes traballos de mellora.

As obras teñen como finalidade a mellora das cubertas, o acondicionamento de fachadas e as reparacións de distintos elementos que afectan tanto ao edificio como ao resto da estación.

O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, continúa a traballar na conservación e mantemento das estacións de autobuses da comunidade coa fin de ofrecer unhas instalacións cómodas e eficientes aos usuarios.

6 de setembro de 2017 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.