publicidade hoxe

Rueda destaca as pequenas actuacións de mellora e mantemento que se levan a cabo nos xulgados galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRiveira
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe a importancia das obras de mellora e mantemento que o Goberno galego está a levar a cabo nas pequenas sedes xudiciais da nosa Comunidade, como é o caso do edificio xudicial de Ribeira, onde a Xunta está a investir dende o ano 2010, máis de 263.000 euros.

Alfonso Rueda visitou esta mañá a sede xudicial de Ribeira, que leva xa en funcionamento desde o ano 1997 e que foi un dos primeiros xulgados en dar servizo aos cidadáns desta comarca do Barbanza. Alí, comprobou de primeira man as obras levadas a cabo no edificio, como o reforzo, a iluminación, o aire acondicionado, as persianas e a instalación de cámaras de seguridade, entre outras.

Ademais, no ano 2014, o Goberno galego puxo en marcha unha experiencia piloto coa instalación de caldeiras de biomasa en varios edificios xudiciais, sendo un deles o de Ribeira, e que a día de hoxe supón ao xulgado un aforro dun 42%. Proximamente, no xulgado ribeirense levarase a cabo unha actuación en materia de eficiencia enerxética consistente na implantación de tecnoloxía LED e na substitución das ventás para mellorar o illamento térmico do edificio, cun investimento de máis de 102.000 euros e cun considerable aforro en consumo de luz.

O Goberno galego ten en marcha o Plan de infraestruturas xudiciais, que supón levar a cabo actuacións necesarias que melloran a Administración de Xustiza, en grandes obras como son a nova cidade da Xustiza de Vigo, o novo edificio xudicial da Parda ou a rehabilitación da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, que xa está plenamente operativo. O plan inclúe ademais obras de melloras nas pequenas sedes xudiciais da nosa Comunidade, para poder ir adaptándoas ás necesidades que van xurdindo ano tras ano.

19 de xullo de 2017 | 14:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.