publicidade hoxe

A Xunta inviste 250.000 euros en actuacións de mellora da seguridade viaria na estrada OU-212

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBearizLocal Portada
A-
A+
Ethel Vázquez na visita a Beariz

Ethel Vázquez na visita a Beariz

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Beariz, Manuel Prado, supervisou hoxe as obras de mellora da seguridade viaria executadas na estrada OU-212, que comunica co núcleo da Ermida e co Concello de Beade, nas que o Goberno galego investiu máis de 250.000 euros.

A Xunta levou a cabo actuacións de reforzo de firme en varios puntos da estrada nun treito de 6 km, desde a travesía de Beariz cara ao norte, ata o enlace coa estrada N-541. Estes traballos contaron cunha achega dun importe duns 157.000 euros.

Nesta mesma estrada, en xaneiro tamén quedou finalizada a mellora localizada do firme nun treito de 2 quilómetros e medio, entre a saída de Beariz e a entrada a Liñares, xa no termo municipal de Avión.

Esta infraestrutura viaria, pero neste caso, xa no núcleo de Avión, entre a travesía desta localidade e a intersección coa estrada provincial, tamén foi obxecto dunhas obras de rehabilitación do firme e da mellora da sinalización.

Estas actuacións amosan a aposta do Executivo autonómico pola mellora da seguridade viaria e por garantir a calidade das estradas que percorren o territorio.

13 de marzo de 2017 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.