publicidade hoxe

Silleda acolle ata o 26 de febreiro a mostra da Deputación “De Pontevedra a Río 2016”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Dende pasado mañá xoves e ata o día 26 poderá verse en Silleda a mostra “De Pontevedra a Río 2016”, unha exposición fotográfica da Deputación de Pontevedra, coa que esta institución rende homenaxe a deportistas da provincia que participaron nos últimos xogos Olímpicos e Paralímpicos na capital brasileira.

As fotografías quedarán expostas nas instalacións da Casa da Cultura de Silleda.O acto de apertura, ao que asistirá a deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, entre outros, terá lugar pasado mañá xoves día 16 ás 12:30 horas.

Esta mostra itinerante comezou a súa xira pola provincia o pasado mes de outubro, recollendo o palmarés dos e das 16 deportistas tanto olímpicos/as como paralímpicos. Os participantes nestes últimos xogos foron Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

Dende a Concellería de Deportes de Silleda anímase aos veciños e veciñas a achegarse ata a Casa da Cultura nos vindeiros días para coñecer a traxectoría dos olímpicos pontevedreses.

14 de febreiro de 2017 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.