Posta en marcha a renovación de beirarrúas na rúa do Barreiro
O Concello de Riveira informa de que se está executando unha nova actuación de mellora da seguridade viaria consistente na renovación das beirarrúas da rúa do Barreiro: vía situada na parroquia de Carreira.
A infraestrutura en cuestión estaba bastante deteriorada, co cal se fai preciso renovala e instalaranse un total de 1.104 metros cadrados de pavimento a base de baldosa hidráulica de 33×33 centímetros en cor gris, ademais de 100 metros cadrados de bordillo prefabricado de formigón.
A entidade en que está recaendo o desenvolvemento desta obra foi Tamara Fernández Párez. O seu prezo ascende 25.560,16 euros, IVE incluído.