Os poemas de Rosalía de Castro xa están nas rúas de Silleda

Carteis con poemas de Rosalía de Castro
Dende hoxe luns e ata o próximo venres a figura de Rosalía de Castro será protagonista en Silleda a través dos seus versos.
Dende a Concellería de Cultura elaboráronse carteis conmemorativos cos poemas seleccionados polos centros educativos do municipio, carteis que estarán durante toda esta semana en máis dunha vintena de establecementos comerciais e nos edificios públicos.
Dende a Concellería de Cultura agradécese a participación dos colexios nesta iniciativa que baixo o lema “Poemas na rúa” volve a render homenaxe a autora de Follas Novas no 180 aniversario do seu nacemento.