publicidade hoxe

Constitúese a comisión antifraude do proxecto Máis Riveira Atlántica 2020

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O proxecto Máis Riveira Atlántica 2020 segue a dar novos pasos cara a súa implantación. Así, tras a creación da Comisión Estratéxica, o grupo de traballo e a unidade de xestión (tres organismos esenciais na correcta posta en marcha deste ambicioso plan), a Casa do Concello serviu de escenario esta mañá para unha reunión técnica destinada a constituír unha comisión antifraude.

Este órgano, que ten como misión velar por unha xestión axeitada e transparente dos cartos públicosdestinados á posta en marcha do proxecto (6.250.000 euros, dos cales 5 corresponden a fondos FEDER), responde a unha esixencia derivada das propias directrices contidas no Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

A reunión de hoxe contou coa participación do secretario xeral do Concello e os responsables dos departamentos de tesourería, intervención e contratación, ademais de membros da asistencia técnica do proxecto. A constitución desta comisión será refrendada polo alcalde. 

Máis Riveira Atlántica 2020 é un proxecto cofinanciado nun 80% mediante o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020.

2 de febreiro de 2017 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.