publicidade hoxe

A obra de ampliación do depósito de cabeceira de Noia será licitada este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoia
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Noia

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Noia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, para avanzar en posibles actuacións de mellora na rede de saneamento e abastecemento de auga á poboación.

Durante o encontro, no que tamén participou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, a titular do departamento autonómico trasladoulle ao rexedor noiés que a tramitación do proxecto que permitirá ampliar o depósito de cabeceira do municipio, dotándoo dunha maior capacidade que o actual, avanza a bo ritmo. Neste sentido, avanzoulle que se prevé que a obra poida ser licitada este mesmo ano.

Pola súa banda, o alcalde de Noia expresoulle á conselleira a necesidade de que o concello de Noia conte cunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Sobre esta cuestión, Beatriz Mato avanzoulle o compromiso de que a Consellería comezará a traballar no estudo de alternativas que permitirá, en base a criterios medioambientais e urbanísticos, avaliar a necesidade dunha nova depuradora que substitúa á xa existente no municipio.

15 de febreiro de 2017 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.