Riveira e Aguiño clausuran os campamentos de conciliación de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Os campamentos de conciliación celebrados durante estas datas festivas no municipio chegaron á súa fin. O primeiro en ser clausurado foi o campamento Nadal Xogo, celebrado en Aguiño, cun acto de entrega de diplomas que tivo lugar na casa de cultura da localidade e que contou coa presenza da concelleira Esther Patiño.

Media hora despois comezaba o acto de peche do Nadal Concilia e o obradoiro de artes plásticas no conservatorio de Riveira. Os numerosos pais reunidos puideron ver o froito do traballo desenvolvido neste último taller impartido por Jontxu Argibay (uns cabezudos) para a continuación asistir un pequeño espectáculo consistente na representación de cinco panxoliñas: unha por cada grupo do Nadal Concilia. Entre os asistentes estivo o propio alcalde Manuel Ruiz.

Máis actos naideños

Os actos navideños non concluirán coa cabalgata deste serán senón que mañá haberá novas actividades. Entre elas, o concerto de confraternidade que ofrecerán ás 20.15 horas na Coral Polifónica Municipal de Riveira e a Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Riveira na igrexa de Santa Uxía (entrada libre). 

Un pouco antes, ás 17.30 horas do venres, as súas maxestades os Reis Magos estarán no Centro dos Maiores no Malecón e entregarán un agasallo aos ocupantes deste espazo. 

Por outra parte, o sábado 7 de xaneiro o tren infantil Expreso do Oriente circulará pola cidade de 11 a 14 e de 16 a 19 horas (saída e chegada á praza do Concello).

5 de xaneiro de 2017 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.