publicidade hoxe

Pazos de Borbén recibirá 400.000 euros do plan Concellos da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de BorbénPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra achegará ó concello de Pazos de Borbén durante este ano 2017, no marco do Plan Concellos, un total de 394.809,70 €, 15.027,16 € máis que no 2016, o que supón un crecemento do 3,96% con respecto do ano pasado, case un punto máis que a media provincial. No 2016, Pazos de Borbén xa tivo un 11,12% de incremento respecto do 2015 (o que se traduciu en 38.022,70 € máis). Á marxe do Plan Concellos, Pazos de Borbén recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.

Investimentos 2016

Durante 2016 a Deputación de Pontevedra investiu en Pazos de Borbén un total de 690.929,27 €. En liñas xerais, desta contía, 379.782,54 € correspondéronse co Plan Concellos. Amais, a institución provincial investiu31.313,26 € en mobilidade, 32.548,14€ en cohesión social e xuventude, 18.845,76 € en emprego, 16.025,36 € en cultura e lingua e 2.119,00 € en deportes.

En concreto, Pazos de Borbén investiu 223.122,24€ da liña 1 do Plan Concellos para a ampliación da rede de saneamento en Masuán. A través da liña 2, amortizacións, Pazos de Borbén destinou 56.967,38 € para gasto corrente novo; coa liña 3, actividades, o concello investiu 14.149,50 euros para a Semana Deportiva do Fútbol, un curso de baile de salón, o Entroido 2016, a XV Festa da Cacheira, unha excursión a Marcelle Natureza e outra a un parque acuático; e finalmente Pazos de Borbén dirixiu 84.267,60 € da liña 4, emprego, para a contratación de 2 auxiliares de arquivo e 18 persoas para a recollida de lixo.

No caso do fomento da cultura e lingua, o concello recibiu 16.025,36 € da Deputación de Pontevedra, que se destinaron a 25 actuacións do Pontegal, actividades de dinamización lingüística e sinalización e rehabilitación do patrimonio histórico e memoria .

Tamén se destinaron 32.548,14 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais especializados e comunitarios municipais, da teleasistencia domiciliaria (da que se beneficiaron 5persoas) e das axudas básicas de emerxencia,ben mediante os programas”En Ruta coa Depo” (no que participaron dúas asociacións), “Tecendo lazos”, “DepoTermal”, “DepoRúarte”, “Depo en marcha” (5 actividades) ou”Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron 7 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, Pazos de Borbén recibiu 2.119,00 € para 3 clubs de deporte federado de base, para a participación en ligas e competicións oficiais, e para que tres equipos participasen na Copa de fútbol Deputación de Pontevedra. Tamén obtivo 18.845,76 € para o fomento do emprego a través do Plan de Práctica Laboral, que está a permitir que dúas persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello de Pazos de Borbén.

Ademais, a institución provincial achegou 31.313,26€ en materia de mobilidade para o Plan Móvese e para obras de sinalización horizontal nas vías provinciais de Pazos.

20 de xaneiro de 2017 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.