publicidade hoxe

A Xunta inxecta 2,6 millóns de euros cada ano para o sostemento de 238 prazas para persoas maiores e dependentes en Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaViveiro
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou esta mañá que a Consellería de Política Social inxecta anualmente en Viveiro máis de 2,6 millóns de euros para o sostemento das 238 prazas existentes nesta localidade nos distintos centros que prestan servizo e atenden a persoas dependentes ou con necesidades especiais.

En particular, o delegado explicou que a Xunta apoia con cargo aos fondos autonómicos as 150 prazas que concerta na residencia para persoas maiores que xestiona Geriatros en Viveiro, para o que destina un montante de 1,9 millóns de euros, converténdose no servizo que maior orzamento recibe

Tamén o Goberno galego achega recursos para o centro ocupacional de ASPANANE, con 40 prazas, o que supón un investimento de 191.506,08 euros e de 70.928 euros en materia de transporte, e para o centro de día que xestiona esta mesma entidade, xa dirixido para persoas con maior grado de discapacidade ou dependencia, e no que se ofrecen 18 prazas por un orzamento de 190.509,84 euros e de 31.878,00 euros

Centro de día de Cruz Vermella

Balseiro fixo estas declaracións no transcurso da súa visita ao Centro de día de Celeiro emprazado nunha instalación de titularidade da Xunta de Galicia xestionada por Cruz Vermella Española. No caso particular destas instalacións, a Xunta concerta 30 prazas, cu investimento anual de 189.789 euros.

Trátase dun recurso capaz de ofrecer unha atención integral ao enfermo de Alzheimer e á súa familia durante todo o proceso dexenerativo que leva asociado, polo menos ata o momento en que as condicións recomenden o acceso do enfermo a outro tipo de centro de ampla estancia. A través deste recurso búscase dar resposta ás necesidades dos usuarios desde unha perspectiva transdisciplinar; tamén prestar apoio a aqueles familiares que teñen a responsabilidade do coidado do usuario; dar atención profesional ás necesidades básicas, terapéuticas e socioculturais dos usuarios; e, finalmente servir como un instrumento de apoio que favoreza a permanencia das persoas con esta enfermidade na súa contorna habitual.

5 de xaneiro de 2017 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.