publicidade hoxe

A Asociación Socio Cultural de Cortegada recibe o premio do certame “Nas festas somos máis”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Entrega do premio "Nas festas somos máis"

Entrega do premio “Nas festas somos máis”

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e a concelleira de Turismo, Ana Luisa González, entregaron hoxe a Román Peña, membro da comisión organizadora da Festa da Paella o premio “Nas festas somos máis”, dotado con 1.500 euros.

A iniciativa estrenouse este ano con dúas entidades participantes e enmarcada na campaña de fomento do empadroamento En Silleda somos máis.

Para incentivar a participación das comisións organizadoras de festas de Silleda o alcalde, Manuel Cuiña avanzou xa hoxe unha modificación das bases do certame. Así, a dotación económica do concurso duplicarase para este exercicio 2017 pasando de 1.500 a 3.000 euros. A falta de fixar os cambios nas bases do certame, estableceríanse tres premios: un primeiro de 1.500 euros; un segundo de 1.000 euros e un terceiro de 500 euros. As bases daranse a coñecer nas vindeiras semanas.

Por outra banda, e dentro da campaña En Silleda somos máis, o Concello continúa a repartir ata o xoves (incluído) entradas para o Silleda Park aos nenos e nenas a partir de 3 anos (os menores de 3 entran gratis) que estén empadroados en Silleda.

3 de xaneiro de 2017 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.