A Comisión de Seguimento acorda medidas para solventar os cheiros na rede de colectores de Riveira
A Comisión de Seguimento do convenio para o financiamento e execución dos colectores xerais e da depuradora de Riveira acordaron medidas para solucionar o problema de cheiros que se veñen rexistrando en varios puntos da rede de colectores xerais, executada por AcuaEs. Os membros desta Comisión, na que participa o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, mantiveron unha reunión na que abordaron a problemática que presenta esta infraestrutura.
A directora de AcuaEs corroborou a existencia dos olores, que están a causar malestar entre os veciños con vivendas próximas as zonas afectadas e comunicou a Augas de Galicia as actuacións que se levarán a cabo para darlle solucións.
Tras análises parecen indicar, confirmase que os malos cheiros están relacionados con dúas causas: a existencias de vertidos industriais á rede sen un pretratamento previo, e a concorrencia de incidencias menores propias das fase de posta en servizo dun sistema de saneamento e depuración de estas características.
Así, para solucionar este problema AcuaEs (como executora das obras) realizará nunha primeira fase o baleirado parcial da rede nova cara a antiga, para poder realizar unha limpeza en profundidade dos novos colectores e suprimir temporalmente os vertidos industriais, para analizar a súa incidencia real.
A execución destas actuacións serán asumidas por AcuaEs nas vindeiras semanas e, posteriormente, manterá a vixilancia e medicións de olores para comprobar a eficacia destas medidas a curto prazo.
A longo prazo o concello, que ten as competencias na autorización e control de vertidos a rede municipal, será o encargado de fomentar de xeito especial o cumprimento do regulamento de saneamento municipal para evitar a achega de vertidos de natureza industrial a rede municipal sen o oportuno pretratamento.