publicidade hoxe

Un novo incendio en Lobeira sitúa en catro os lumes activos con risco para casas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobeira
A-
A+
Europa Press

Un novo incendio declarado no concello ourensano de Lobeira, na parroquia de A Fraga, eleva a catro os lumes activos en Galicia, despois de que se dese por estabilizado o de Boborás.

As lapas neste último incendio, segundo a información actualizada da Consellería de Medio Rural, queimaron unhas 600 hectáreas de superficie.

Así, están activos lumes en Navia de Suarna (Lugo), Oímbra, Lobeira e Entrimo (Ourense), e este último, onde arderon 2.500 hectáreas, ten activada a ‘situación 2’ por risco para casas.

8 de setembro de 2016 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.