publicidade hoxe

O BNG suspende os actos de campaña en Sada en solidariedade co mariñeiro falecido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSada
A-
A+
Europa Press

O BNG suspendeu o mitin previsto para a tarde deste xoves na localidade coruñesa de Sada e o resto de actos en sinal de solidariedade e afecto coa familia, amizades e tripulación do barco do mariñeiro falecido de madrugada.

Así mesmo, expresou todo o afecto da organización á comunidade mariñeira da vila coruñesa, consternada pola perda deste traballador e veciño, de 26 anos, que faleceu ao caer ao mar.

O mozo caeu ao mar cando se atopaban faenando nas costas coruñesas e permaneceu na auga durante uns cinco minutos ata que os seus compañeiros conseguiron traelo a bordo de novo, pero non conseguiron reanimalo.

22 de setembro de 2016 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.