publicidade hoxe

Máis de medio cento de vehículos participarán na VI Concentración Tunning Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Concentración Tunning Riveira vai a máis e nesta sexta edición está a prevista a participación de máis de medio cento de vehículos ao longo dos días 3 e 4 de setembro (en 20015 foran 43).

A concelleira de Cultura Fabiola García e a presidenta da Asociación GDC Tunning Club de Riveira, Luz María Silva Lustres, encargáronse de revelar os detalles dunha actividade que ten por segundo ano consecutivo carácter solidario ao axudar á asociación Callejeros Barbanza de protección de animais.

A este respecto, tanto a cota de inscrición como os cartos recadados da venda de rifas para o sorteo de artigos relacionados co tunning, ademais dunha subasta ou a venda de tapóns de botellas, serán destinados a esta asociación.

Haberá participantes de Asturias, Cantabria, Castela e León, Madrid ou mesmo de Portugal, ademais de todas as provincias galegas. 

Entre o programa de actividades, Luz María Silva destacou o carrusel que ás 23 horas do sábado 3 circulará polo centro de Riveira: un espectáculo digno de ver. 

Outras accións a destacar e que se celebrarán en Coroso onde a explanada da UAD son as probas de medición de son e de iluminación (sábado ás 17 e ás 22.30 horas, respectivamente) ou a animación musical con actuación de Javi Maneiro ao regreso do carrusel.

A entrega de premios está prevista para o domingo a partir das 17 horas.

1 de setembro de 2016 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.