publicidade hoxe

Prohibido estacionar nas tres rúas da Bandeira onde se habilitará o desvío do tráfico da N-525

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O tramo da estrada nacional Santiago-Ourense (N-525) ao seu paso pola localidade silldense da Bandeira quedará dende maña venres pola tarde pechado ao tráfico con motivo das festas de verán. A Subdelegación do Goberno en Pontevedra autorizou hai un ano máis o desvío do tráfico, que se fará efectivo dende as 16.00 horas de mañá ata a madrugada do domingo ao luns. A autorización chegou logo da petición formulada dende a Alcaldía de Silleda, que se comprometeu, coma en anos anteriores a sinalizar e organizar de forma axeitada a modificación temporal do tramo afectado.

É por iso, que dende o goberno municipal  se apela  á responsabilidade de todos os veciños e veciñas, así coma dos visitantes, para que respeten o desvío habilitado e a sinalización provisional. Neste senso, reitérase que durante as tres xornadas “quedará prohibido aparcar nas tres rúas da Bandeira nas que se habilitará o desvío”. Estas son a rúa Doutor Penoucos, rúa do Parque e rúa Ramón de Valenzuela.

O peche da vía nacional concédese tendo en conta que o Concello é o responsable, por iso dende o executivo local se apela á colaboración veciñal, para ter os tres tramos despexados durante a fin de semana.

Os festexos da Bandeira rematarán o domingo día 21 e o luns 22 será festivo local no municipio de Silleda. 

18 de agosto de 2016 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.