Os organizadores de Bandeirock entregan a Silleda Solidaria a doazón de alimentos durante os concertos

A concelleira xunto á doazón
O programa Silleda Solidaria agradece a colaboración aos organizadores e asistentes do Bandeirock pola recollida de alimentos que axudarán ao programa que atende ás familias con menos recursos. O certame musical leva xa varios anos celebrándose con carácter solidario coa recollida de alimentos non perecedeiros.
“Queremos agradecer tanto á organización coma a todas as persoas que asistiron ao festival a súa aportación ao Banco de Alimentos”, indica a concelleira de Benestar Social, Pili Peón. A recollida de alimentos realizase durante todo o ano en supermercados e establecementos e tamén a través de actividades e certames coma este.











